El pasáu mes de San Xuan salíu nel periódicu sumanal en llengua gallega A Nosa Terra un artículu sobre la llengua asturllionesa en Zamora y Llión. Pol sou interés reproducimos eiquí una parte d'él. Pa llier el documentu enteiru:
O leonés, o veciño oriental do galego
H. Vixande
Con apenas 25.000 falantes –case todos por riba dos 60 anos–, o astur-leonés esmorece en León e Zamora sen que as autoridades autonómicas poñan en práctica iniciativas que o protexan, como sinala o seu Estatuto. Trátase dunha lingua que, hai cen anos, se falaba amplamente nesas dúas provincias e que chegaba até as portas das cidades.
Hoxe, máis do 90% da poboación de León e Zamora fala castelán e ten este idioma como propio, mais non sempre foi así. Hai cen anos, a extensión territorial e porcentual do astur-leonés era moito máis ampla. Constituía a lingua patrimonial da maioría da poboación do occidente desas provincias e do norte de León e chegaba deica a León e Zamora.
Mentres en Asturias existen rexistros do asturiano que se remontan á Idade Media e se produciu un fenómeno de rexurdimento no século XIX que se consolidou no XX, León e Zamora permaneceron á marxe dese proceso a pesar de contar co mesmo idioma, aínda que no sur chámase leonés e no norte, asturiano. Nin en Asturias nin en Castela León se recoñece a cooficialidade do astur-leonés, mais en Asturias o nivel de protección é maior e o Tribunal Constitucional admitiu, a principios de ano, o dereito dos falantes a elixir a lingua nas súas comunicacións coa Administración asturiana.
Respecto a León, o filólogo leonés Hector Xil considera que o proceso de desaparición do leonés estivo alimentado por distintos factores. “A falta de conciencia dos falantes de falar unha lingua distinta, a demora deica finais do século XX do nacemento dun movemento de recuperación do idioma, razóns socioeconómicas e sociolingüísticas e ausencia dun discurso provincialista no XIX
que despois dese lugar a un rexionalismo, son as causas principais”, sinala este experto.
ESFORZOS PARA A RECUPERACIÓN .A maiores, sen un sistema literario propio até datas ben recentes, sen medios de comunicación alén dalgunhas revistas culturais e sen apoio institucional,
a llingua foi perdendo falantes ao longo do século XX esmagada pola presenza do castelán.
A referencia de Asturias permitiulle dotarse dunha norma ortográfica –que é distinta no caso da variante do mirandés, empregada en Miranda do Douro, Portugal– e de prosperar algunhas iniciativas de recuperación do idioma. De todos os xeitos, a maioría dos esforzos teñen lugar precisamente fóra do seu ámbito lingüístico actual do leonés e sitúanse preferentemente nalgunhas cidades nas que o castelán é a lingua materna da poboación.
A xuízo do membro da Academia de la Llingua Asturiana, Nicolás Bartolomé Pérez (León,
1971), os esforzos de recuperación da lingua deberían centrarse “onde se fala o leonés”. Para o académico, “é importante concienciar á xente sobre o valor do idioma non só para o uso familiar”. Mais para conseguilo é imprescindíbel a intervención da Administración. “Na reforma do Estatuto en 2007 introduciuse unha referencia expresa ao leonés e á necesidade de protexelo, mais isto non se desenvolveu con ningunha lei ou algunha norma”, sinala Bartolomé.
http://www.anosaterra.org/media/media0000023577.pdf
No hay comentarios:
Publicar un comentario